martes, 4 de mayo de 2010
Emocións e sentimentos, a empatía
lunes, 26 de abril de 2010
Semana do Libro: @s profes tamén len
Do 19 ao 22 de abril desenvolveuse, durante os recreos e na entrada principal do centro, a actividade “@s profes tamén len” co obxectivo de fomentar a lectura a través da mímese. Así o noso alumnado puido contemplar aos seus profes de matemáticas, química, historia, latín, francés, castelán, galego... e mesmo á orientadora do centro, recitar poemas ou ler fragmentos baseándose nas súas lecturas favoritas ou escollidas pola motivación que podían implicar. E tivemos lecturas en distintas linguas (latín, portugués, francés, inglés...); e descubrimos que, curiosamente, @s profes tamén nos pomos nervios@s
O Día do Libro, 23 de abril, @s nos@s protagonistas foron @s clubeir@s do Moucho Azul, prestándonos a súa voz nun recital de poesía.
Sorprendeunos felizmente que tant@s profes se prestasen á lectura pública, polo que desde o Equipo de Biblioteca dámoslles calorosamente as grazas pola súa colaboración. Igualmente agradecemos a participación d@s nos@s encantadores alumn@s do Club de Lectura.
RECREO DO LUNS:

Lectura de contos do libro "Las mil y una noches de la ciencia" de Philippe Boulanger
RECREO DO MARTES:
martes, 23 de marzo de 2010
Na busca do tesouro
@s clubeir@s andan á caza do tesouro, e, pista tras pista, van atopando as distintas bandas deseñadas de produción francesa á vez que nos damos de conta de que non só Astérix loce na biblioteca. Ao principio custou un pouco, pero, unha vez collido o truco, foi pan comido e axiña recoñecemos as obras.
Finalizamos comentando e falando das nosas bandas deseñadas preferidas; cada lector é un mundo e, con respecto ao cómic, @s nos@s clubeir@s son exquisitos.
Finalizamos comentando e falando das nosas bandas deseñadas preferidas; cada lector é un mundo e, con respecto ao cómic, @s nos@s clubeir@s son exquisitos.
jueves, 11 de marzo de 2010
Pontevedra: Salón do libro e Rota Castelao
Salón do Libro
Fai uns días, os alumnos de 1º e 2º da ESO e os do Club de Lectura fomos de excursión a Pontevedra, ao Salón do Libro e á Rota Castelao.
Unha vez que chegamos alí, esperamos un pouco para entrar xa que había rapaces doutros colexios. Xa dentro, vemos varias salas, creadas por distintos rapaces da carreira de Belas Artes, que recreaban diversos escenarios ambientados na cidade.
Logo, ao saír das salas, leváronnos a ver unha exposición de libros e manualidades feitos por alumnos de distintos colexios. Eran libros moi elaborados para ser creados por rapaces, e había unha gran variedade para observar.
De alí a un pouco, ensináronnos un carriño feito dunha bicicleta no que un home se montaba e ía pola rúa deixando libros a todo o mundo que quería.
Por último, tivemos a oportunidade de ver dous camións de bombeiros e observar todos os artiluxios que os compuñan.
Logo, fomos a facer unha rota sobre Castelao e volvemos para o colexio.
Fomos visitar Pontevedra para facer a “Rota Castelao” e paseamos pola praza de Méndez Núñez, a da Ferraría, o Café Moderno, a das Verduras … axudados polo guía que nos informou das moitas actividades que se facían antigamente alí.
Paramos a merendar na praza da Ferraría. Aínda que é ben fermosa, unha das prazas máis importantes e que máis nos gustou foi a das Verduras na que antigamente se vendía este produto. Tamén nos impresionou o Teatro Principal, que antigamente era unha igrexa e por iso está rodeado de cipreses, os cales representan o antigo cemiterio.
Fai uns días, os alumnos de 1º e 2º da ESO e os do Club de Lectura fomos de excursión a Pontevedra, ao Salón do Libro e á Rota Castelao.Unha vez que chegamos alí, esperamos un pouco para entrar xa que había rapaces doutros colexios. Xa dentro, vemos varias salas, creadas por distintos rapaces da carreira de Belas Artes, que recreaban diversos escenarios ambientados na cidade.
Logo, ao saír das salas, leváronnos a ver unha exposición de libros e manualidades feitos por alumnos de distintos colexios. Eran libros moi elaborados para ser creados por rapaces, e había unha gran variedade para observar.
De alí a un pouco, ensináronnos un carriño feito dunha bicicleta no que un home se montaba e ía pola rúa deixando libros a todo o mundo que quería.
Por último, tivemos a oportunidade de ver dous camións de bombeiros e observar todos os artiluxios que os compuñan.
Logo, fomos a facer unha rota sobre Castelao e volvemos para o colexio.
Rota Castelao
Fomos visitar Pontevedra para facer a “Rota Castelao” e paseamos pola praza de Méndez Núñez, a da Ferraría, o Café Moderno, a das Verduras … axudados polo guía que nos informou das moitas actividades que se facían antigamente alí.Paramos a merendar na praza da Ferraría. Aínda que é ben fermosa, unha das prazas máis importantes e que máis nos gustou foi a das Verduras na que antigamente se vendía este produto. Tamén nos impresionou o Teatro Principal, que antigamente era unha igrexa e por iso está rodeado de cipreses, os cales representan o antigo cemiterio.
miércoles, 10 de marzo de 2010
Labirintos e adiviñas lóxicas
En Labirintos e adiviñas lóxicas utilizamos textos de Jorge Luis Borges (O Aleph), Malba Tahan (O home que calculaba) e Raymond Smullyan (Como se chama este libro?).
Foron catro pequenas actividades nas que solucionamos adiviñas (do libro de Smullyan), lemos un pequeno relato (de Borges) e falamos de distintos labirintos: os petroglifos celtas, o xogo da oca como metáfora do labirinto da vida e o deserto (como no texto de Borges), onde aprendimos as tres formas de repartir o pan (do libro de Tahan).

martes, 9 de febrero de 2010
O mundo dos animais
A actividade consistiu na lectura dun fragmento do libro O mundo dos animais de Desmond Morris. Cada clubeir@ escolleu ao chou un animal para ler individualmente os seus costumes e características máis relevantes. Logo cada alumn@ representou con xestos e mímica as principias características do animal que lle tocara; e @s compañeir@s trataban de adiviñar cal era.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)