viernes, 14 de octubre de 2011

Club de Lectura Mixto 7ª sesión: Cadáver exquisito

Bruno Bettelheim: Psicanálise dos contos de fadas

O venres 6 e o xoves 12 de maio tivemos as sesións do Club de Lectura Mixto sobre a obra de Bruno Bettelheim, Psicanálise dos contos de fadas, e o obradoiro de escritura colectiva, Cadáveres exquisitos.

A primeira sesión: discutimos o libro

Que validez ten hoxe a psicanálise? Fátima, profesora de física e química, pensa que para unha persoa acostumada ao traballo científico non é aceptable facer afirmacións como que “O cazador representa ao pai” ou “A tempada que Brancaneves pasa cos ananos representa o complexo de Edipo e o período de latencia”.

Moncho, de filosofía, di que os contos non son obxectos que están aí e atopamos na natureza, senón que foron construídos, a través de séculos, por persoas que volveron contalos unha e outra vez e engadiron cadansúas preconcepcións sobre o mundo e a sociedade. Por iso atopamos eses símbolos nos relatos.

Andrea, de xeografía e historia considera esaxerado o nivel de análise. Todo o mundo entende que cando lle contas o conto de Carrapuchiña a unha nena ou un neno estaslle transmitindo algunhas valoracións como que ten que ter coidado coas persoas estrañas... pero atopar todas as categorías psicanalíticas en cada conto é unha esaxeración.

Comentamos tamén por como cambiou o mundo desde a época dos irmáns Grimm, como eses relatos nos parecen agora sexistas, violentos e atemorizadores para nenas e nenos, pero tamén como os temas volven unha e outra vez, e como os contos, con máis ou menos corrección política, tratan sempre dos medos, de como orientar á infancia sobre o que é a vida, sobre como poden vivila.

Noutra orde de cousas, comentamos a importancia doutras obras clásicas de investigación sobre contos: A pola dourada, de J. Frazer, e a Morfoloxía do conto, de V. Propp.

A segunda sesión: os Cadáveres Exquisitos

Fixemos a nosa versión dos Cadáveres Exquisitos. Liliana, profesora de ligua castelá e literatura, explícanos que a técnica foi desenvolvida por André Breton e as/os surrealistas para facer relatos creados colectivamente. Aínda que o resultado en moitas ocasións tivo un interese moito máis teórico que estético.

Nós fixemos dous montóns de palabras (un de substantivos e outro de adxectivos) e había que escoller un de cada montón, ao chou.

Coas dúas palabras cada quen tiña que facer unha frase ou pequeno relato.

Finalmente, limos os relatos.

Aquí tedes os resultados:

Club de Lectura Mixto 6ª sesión: En tertulia

No mes de marzo, no club de lectura límos un libro con moito éxito titulado Seda de Alessandro Baricco, nado no 1958 e consagrado como un dos grandes escritores italianos das novas xeneracions desa época. Outras das súas obras premiadas foron as novelas Castelli di Rabbia e Oceano mare, pero co que tivo máis éxito foi con Seda.

O tema do libro trata dunha historia dun xove destinado a unha carreira no exército pero todo cambia de forma radical cando un home interfíre na súa vida.

Se analizamos o seu estilo observamos como ten unha vinculación clara co título, Seda. O autor usa unha linguaxe poética e na hora de lelo vaise producindo una sensación de lentitude polas súas monotonías e varias experiencias como o amor, paixón entre outras. Ademáis pon en práctica unas expresión moi intensas, como por exemplo:
Rodeado de enormes cedros que defendían a súa soidade
Eran signos, é dicir, cinzas dnha voz queimada
A desesperación era un exceso que non lle pertencía
entre outras que deixan o lector asombrado.

Club de Lectura Mixto 5ª sesión: METAARTE

O mércores 16 de marzo reunímonos o clube de lectura co fin de analizar a obra de Ken Follet titulada Os alicerces da Terra.



A nosa xuntanza comezou cunha breve presentación que sintetizaba dun xeito claro os elementos fundamentais da novela: a etapa histórica na que se sitúa a trama, os personaxes da novela xerarquizados atendendo os distintos grupos sociais, as relacións que manteñen entre eles, o proceso de construción da catedral e, finalmente, fixemos fincapé nuns cantos conceptos arquitectónicos de importancia para comprender o estilo gótico ao que pertence a catedral erixida.

Deseguido, visualizamos unhas oitos escena significativas da serie televisiva baseada nesta novela de Ken Follet, o cal permitínuonos iniciar un debate moi enriquecedor. Así comezamos analizando a impresión que a serie creou naqueles que leron o libro, pois amosáronnos que a serie dá moita axilidade á trama argumental reflectida na novela; mais deixa algunhas cuestións peor tratadas, tal é o caso do simplismo co que Alfred ou o Bispo Waleran aparecen retratados na serie, ou ben o maior peso que a cuestión de sucesión dinástica ten na novela fronte a serie.

Por outra banda, a nosa compañeira Andrea resaltou a importancia da novela e, principalmente, da serie para comprender a organización e a estructuración da sociedade medieval (pobo, nobres e clero) e tamén para visualizar o proceso de construcción das catedrais góticas e as súas características arquitectónicas.

Os comentarios sobre a novela e a serie foron nutridos, pero acabaron derivando noutras cuestións moi interesantes, pois estableceuse unha comparativa con outras novelas do mesmo estilo como foron O nome da Rosa de Umberto Eco, O médico de Noah Gordon, A Catedral do Mar de Ildefonso Falcones ou A man de Fátima do mesmo autor. Este último libro permitiunos abordar o tema das relixións. En xeral, obras de novela histórica, como a que actualmente se anuncia: Una diosa para el rey, de Mari Pau Dominguez, son recomendables, se ben non deben lerse acriticamente.

Terminamos esta entrada do noso blog facendo unha valoración positiva do noso último encontro literario e cinematográfico sobre Os alicerces da Terra; mais tamén concluindo, como ben destacou Moncho, que os lectores actuais somos máis críticos á hora de analizar as producións cós meros consumidores de televisión, o que se nota na imaxe máis piadosa e comercial que a serie dá do Bispo Waleran.


MATERIAIS para descargar
(Preme Ctrl. + Click para abrir a ligazón sen perder esta páxina)

Presentación: Trama, personaxes, conceptos arquitectónicos.
Wikipedia – Artigo sobre a serie de televisión cunha comparación coa novela moi precisa e documentada


Guión de man para a/o monitor/a con datos históricos, resumo e motivación para o comentario:


Resumo minutado dos 4 DVDs para visualizar nuns 40 min. aprox.:




Todos os materiais son utilizados soamente con fins educativos. Para solicitar a súa retirada do blog pódese facer a través do cadro de diálogo "Comentario", ao final deste artigo.

Club de Lectura Mixto 4ª sesión: Café con poema

Este xoves e este venres, mentres disfrutábamos do café e o biscoito de Paqui estivemos lendo algúns poemas de Miguel Hernández, Celso Emilio Ferreiro, Baudelaire e Borges.
MIGUEL HERNÁNDEZ

Os momentos máis emotivos foron cando Bea nos explicou as circunstancias en que escribiu Miguel Hernández as Nanas de la Cebolla: A elección deste entenrecedor poema, que oculta nunha fermosa cantiga de berce a crueldade da Guerra Civil española e a súa realidade, vén xustificada pola gran forza humana e o arrebato emocional que Miguel Hernández imprime nestes versos que configuran un poema cargado de gran riqueza léxica e sentimental.

Preme aquí para ler o texto escollido...

CELSO EMILIO FERREIRO
Andrea escolleu os textos de Celso Emilio:
  • Longa noite de pedra: poema que transmite inquedanza pero sen deixar de ser fermoso.
  • Espranza: transmite o apoio do autor ás persoas que loitaban pola liberdade na época do franquismo. Xera sentimentos mesturados de optimismo e tristura.
  • María Soliña: Poema moi sonoro, semellante a un estribillo. Sinxelo pero bonito.
Preme aquí para ler o texto escollido...

JORGE LUIS BORGES

Moncho escolleu algúns textos do libro Los Conjurados, de Jorge Luis Borges. Un dos fíos principais do libro é a idea de que toda vida é unha secuencia de momentos grandiosos e insignificantes, racionais e absurdos, privados e cósmicos... e que todos eles teñen a máxima importancia para que o mundo chegue a ser o que é, para que cada quen cheguemos a ser quen somos. As contradicións gobernan a nosa vida, o asasino e o asasinado son imaxe un doutro no espello. O paso do tempo, como un río, goberna o que sucede. Cando cremos que somos quen de explicar o universo vemos que o único que facemos é atopar nel as nosas obsesións e prexuízos.
Os poemas escollidos foron:
  • Doomsday
  • La trama
  • Son los ríos
  • La suma
  • Alguien sueña
  • Milonga del infiel
  • 1982
Preme aquí para ler un dos textos escollidos...

CHARLES BAUDELAIRE

Víctor seleccionou un poema de Charles Baudelaire do seu libro Las flores del mal: El amor y el cráneo – VIÑETA ANTIGUA (nº 140).
Víctor di: "O poema chamoume a atención pola súa forma, pola sencillez dos seus versos e a facilidade da lectura destes. Comentamos cal é o criterio polo que, nun libro cheo de poemas, eliximos un determinado para comezarmos a lectura. A propia distribución espacial dos versos na folla é xa moi importante porque nos dá unha idea sobre o seu ritmo e sobre a súa estrutura".

Hajar recomendounos El palimpsesto, de Los Paraísos Artificiales de Baudelaire. Chamoume a atención o nome, “palimpsesto”, saber que é o que hai detrás deste título. Comentamos as voltas que dá o sentido. Efectivamente, moitas veces os palimpsestos son importantes polo que se trasluce neles, o que se ve tachado, por detrás, ou quizais reescrito por riba.
Preme aquí para ler o texto escollido...

Club de Lectura Mixto 3ª sesión: Libros de sobremesa

UN LIBRO QUE RECORDE OS NOSOS FEITOS

O pasado martes, día 21 de decembro do 2010, os membros do club de lectura mixto tivemos una reunión na sala de titorías coa finalidade de comentar o libro: Momentos Estelares de la Humanidad de Stefan Zweig. Na reunión estivemos comentando o libro, e a maioría de nós falamos e comentamos o capítulo que máis nos gustou, aparecendo aquí os gustos de cada un de nós. Despois dun anaco comentando o libro e de sacar unas fotos puxémonos a falar do “futuro” do noso mundo, o que nos depararía o “futuro”, e si dun xeito igual, esta etapa próxima pasase a formar parte doutro gran libro que recorde feitos do pasado igual que Momentos Estelares de la Humanidad.

Reseña de Víctor Rey Lago, alumno de 1º de Bacharelato - Ciencias e Tecnoloxía.

jueves, 9 de junio de 2011

Club de Lectura 4º ESO 8ª sesión: Á luz das candeas

Retomamos a vella tradición da transmisión oral da narrativa popular da man do gran contista Ánxel Fole, tentando aclimatalo, mágoa dunha lareira!, con candeeiros que provoquen a escuridade precisa para alentar o medo.
Desta vez, é a profesora a que, a falta dun contacontos profesional, le “Aleluia”, á luz das candeas, do libro de relatos Á lus do candil.
O que ignoran os clubeir@s é que contamos cun especialista en efectos especiais de moito talento. Santi Piovene, que xa tiña lido estes relatos, axudou a acelerar o ritmo cardíaco dos seus compañeiros, mesmo houbo berros, coa imitación do “ta, ta, ta…” do caiado no chan batendo estrondosamente unha porta ou cando o “Pan!...” dunha porta que se abre converteuse no pesado volume 1 do dicionario Gran Xerais caendo no chan. Descubrimos, ademais doutra funcionalidade dos dicionarios, que, ademais dun bo conto, os efectos especiais son esenciais para conseguir empatizar coa historia.

miércoles, 1 de junio de 2011

Club de Lectura 4º ESO 7ª sesión: Relacións afectivas e emocionais

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS

O martes 31 de maio no Club de Lectura de 4º ESO unha lectura de contos taoístas, zen referidos ás emocións.

1ª lectura : Os lobos. Lido por Adrián Vilaboa e Santi Piovene.
2ª lectura: O valor das cousas. Lido por Marta Cabaleiro e Nerea Fernández.
3ª lectura: O samurai e o pescador. Lido por Carla Lago e Aida Darriba.
4ª lectura: Conto taoísta. Estefanía Calvar e Estela Cabaleiro.