viernes, 2 de julio de 2010

Encontro co ilustrador Jacobo Fernández Serrano

O martes 22 de xuño tivemos un encontro co ilustrador de bandas deseñadas Jacobo Fernández Serrano. Entre os seus títulos, atopamos Aventuras de Cacauequi, Banda para espíritos salvaxes ou Os amigos de Archimboldo Roque, cómics que podedes atopar na nosa biblioteca.
Con Jacobo Fernández aprendimos, no seu obradoiro, técnicas de debuxo de banda deseñada a partir das súas ilustracións.




jueves, 24 de junio de 2010

Teatro de monicreques

O luns 21 de xuño chegamos en taxi ao CEIP Santo Paio de Abaixo de Reboreda. Previo ensaio in situ, representamos uns contos con monicreques, ambientados con música, para @s pequen@s de cinco anos deste colexio. Actuamos, cantamos, rimos... E, como a representación foi éxito, convidáronnos a actuar para o ano vindeiro.

lunes, 26 de abril de 2010

Semana do Libro: @s profes tamén len

Do 19 ao 22 de abril desenvolveuse, durante os recreos e na entrada principal do centro, a actividade “@s profes tamén len” co obxectivo de fomentar a lectura a través da mímese. Así o noso alumnado puido contemplar aos seus profes de matemáticas, química, historia, latín, francés, castelán, galego... e mesmo á orientadora do centro, recitar poemas ou ler fragmentos baseándose nas súas lecturas favoritas ou escollidas pola motivación que podían implicar. E tivemos lecturas en distintas linguas (latín, portugués, francés, inglés...); e descubrimos que, curiosamente, @s profes tamén nos pomos nervios@s
O Día do Libro, 23 de abril, @s nos@s protagonistas foron @s clubeir@s do Moucho Azul, prestándonos a súa voz nun recital de poesía.
Sorprendeunos felizmente que tant@s profes se prestasen á lectura pública, polo que desde o Equipo de Biblioteca dámoslles calorosamente as grazas pola súa colaboración. Igualmente agradecemos a participación d@s nos@s encantadores alumn@s do Club de Lectura.


RECREO DO LUNS:
Lectura de contos do libro "Las mil y una noches de la ciencia" de Philippe Boulanger



RECREO DO MARTES:



RECREO DO MÉRCORES:



RECREO DO XOVES:



RECREO DO VENRES: DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)
Lecturas a cargo do alumnado do Club de Lectura: