viernes, 15 de abril de 2011

Club de Lectura 4º ESO 6ª sesión: Encontro / Obradoiro co ilustrador Abraham Carreiro

O venres 1 de abril o Club de Lectura de 4º de ESO recibiu a visita de Abraham Carreiro. Co ilustrador de Contos que len outros nenos do mundo aprendemos técnicas para a creación de personaxes, obxectos e situación que podemos utilizar na comprensión visual dos cómics ou mesmo empregar nas nosas futuras creacións.



Asistiu tamén ao encontro Daniel Domínguez Rodríguez (2º Bach. Tecnolóxico), alumno gañador do noso Certame de Banda Deseñada (fotografía inferior esquerda); a calidade dos seus debuxos podemos apreciala na fotografía inferior dereita.


E aprendimos a reflectir as emocións a golpe de lapis (ledicia, tristura, enfado…), dar movemento ao estático papel, ou mesmo a crear os nosos personaxes.



Aí van algunhas notas que tomou a alumna Shelby Kuuipo Crespo Bush (4º A de ESO) para que vos fagades unha idea do que aprendemos no obradoiro.



Para debuxar un personaxe, hai que coller a cabeza como referencia para que teña en todo momento as mesmas medidas.

Para que sexa máis animado, dámoslle forma para que pareza ter máis velocidade e non ser tan cadrado o boneco. No caso contrario, se fose realista, non o fariamos.


Os distintos puntos de vista: PICADO (desde arriba), CONTRA-PICADO (desde abaixo, podemos utilizalo, por exemplo, para dar sensación de medo), PLANO XERAL (personaxes e situación), PLANO MEDIO (o personaxe desde a cintura), PRIMEIRO PLANO (para destacar un detalle).


As formas básicas para debuxar un animal ou calquera outro obxecto, parten sempre da estrutura. Así, podemos deseñalos partindo de figuras simples como círculos, que despois se borrarán, e conseguiremos que non nos saian desproporcionados.


Esaxerando diversas caras, expresións.


Esaxerar sen medo, con moita expresión. Pódese combinar diferentes caras e obtemos outras.


Depende da sensación e situación de ambiente na que se sitúa a imaxe, píntase con cores fríos ou cálidos. Nos debuxos fríos, para dar sensación de volume, perfílanse algunhas zonas con gris.


Para saber máis sobre o autor visita a biblio-biografía de Abraham Carreiro...

No hay comentarios:

Publicar un comentario