Esta
caixa debe o seu nome ao deseñador xaponés Tomoko Fuse. Esta caixa é sinxela de facer e é un clásico do
origami tanto pola súa economía como pola súa eficacia. Fan falla catro cadrados, un par de cada cor
(ou catro de distintas modalidades).
PRECISAREMOS:
8 cadrados de papel, neste
caso utilizamos papel de agasallo de diferentes cores para que a tapa e a caixa
queden máis estéticas. No seguinte enlace podedes ver os pasos:
INSTRUCIÓNS:
1º Collemos o
primeiro cadrado e dobrámolo pola metade.
2º Volvémolo a abrir.
3º Unha das metades volvémola a dobrar pola metade.
4º Dobramos ao revés contrario pola metade.
5º Volvémola a abrir.
6º Levamos unha esquina da parte de abaixo ao centro.
7º No outro cadrado que nos queda sen dobrar,
dobrámolo en diagonal.
8º Quedando a dobrez debaixo da base como indica a
foto.
10º Marcamos as pregas.
11º Facemos tres pezas máis coma esta.
12º Ensamblamos a que na foto se ve á dereita se mete
dentro da esquerda.
13º Do mesmo xeito ensamblamos as outras dúas pezas,
antes de ensamblalas é mellor meter unhas solapas dentro das outras pero non
del todo, e logo pouco a pouco imos presionando e empuxando con coidado.
14º Empezamos coa tapa, dobrando pola mitade voltando
a abrir e levando unha esquina ao centro.
15º Coa esquina no centro dobramos en diagonal.
16º Da parte que ten dúas esquinas dobramos unha hacia
arriba.
17º Volvemos a despregar.
18º Levamos ata a liña que temos marcado coa dobrez da
anterior esquina a parte de arriba.
19º Voltamos a despregar.
20º Agora a parte máis puntiaguda que nos queda á
dereita a dobramos hacia a esquerda, en vertical.
21º Desdobramos.
22º Na parte esquerda superior hai unha dobrez
diagonal marcada, bueno pois debemos dobrar ata alí en diagonal.
23º Marcamos ben a prega.
24º e 25º Levantamos as paredes da caixa hacia arriba.
26º Repetimos esta operación tres veces máis,
utilizando dúas cores diferentes.
27º A tapa custa moito de ensamblar, primeiro dúas
partes e sen ensamblar del todo. Cada módulo da tapa leva unha parte con punta
e a outra recta, pois a parte recta vai dentro da punta.
28º Aquí temos as dúas metades ensambladas.
29º Mirade a base interior que ten catro cadrados, un
sobre o outro, é importante que cando ensamblemos busquemos esa posición.
31º Xiramos e queda así.
32º Totalmente ensamblada.
O resultado foi sorprendente aínda que para algúns
de nós non foi doado realizar o proceso
con toda a precisión necesaria.