Miguel Ángel Vidal é profesor de
matemáticas do noso centro e leva unha chea de anos especializado na educación
de nen@s de diversificación curricular. Son rapaces e rapazas que por diversos
motivos teñen serias dificultades na aprendizaxe.
Miguel Ángel mostra como a papiroflexia
pode ser unha ferramenta útil para ensinar conceptos matemáticos dun xeito
lúdico e utilizando a destreza manual. Na sesión, ademais de o autor do libro,
acompañounos o ilustrador Luis Alonso Villar.
Unha das
nais, Flora, preguntou a Miguel Ángel sobre a mención no libro de oito tipos de
intelixencias: emocional, lingüística, matemática, espacial, corporal,
naturalista, musical e interpersonal.
O que nos fixo reflexionar sobre os diferentes xeitos que poden ter @s nos@s
alumn@s á hora de aprender. Coa papiroflexia pódense traballar todas as
inteligencias.
Para poñer sobre a práctica estas
premisas, Miguel Ángel propúxonos unha tarefa sinxela de origami: a caixa de Fuse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario