Por Ramón Soler, profesor do IES Pedro Floriani.
Na nosa segunda reunión do club Bubo estivemos charlando sobre o libro que limos, Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, e eliximos o seguinte título, El olvido que seremos, de Héctor Abad.
Os fillos do mar
O que máis nos gustou deste libro é que é moi enganchante: pasas as follas e queres saber que vai pasar, como vai acabar.
Pero a acción tamén te vai levando por moitos temas solidarios e pola nosa xeografía, que tantas veces coñecemos tan mal: as represalias do franquismo, a dobre represión que sofren as mulleres, a emigración, o narcotráfico, as praias de Canido, o Buraco do Demo... Feijoo, coma Stieg Larsson ou Domingo Villar, está tamén atento á arquitectura e ao pulso da vida na cidade.
Por este motivo estivemos vendo fotos de edificios de Vigo, sobre todo as de Pacewicz (como a Casa Yáñez, na esquina de Velázquez Moreno coa Alameda, onde Neumann ten a tenda) e a reprodución da Victoria de Samotracia do Edificio Albo, na esquina de Urzáiz e a Gran Vía (onde vive Mariña).
Sobre os personaxes, está claro que Mariña é unha beleza de novela negra: indiscutible e impecable. Pero non nos decidimos con Simón: é rematadamente feo, baixo e desleixado? Ou é un tipo alto e interesante, unha beleza por descubrir?
E o Carlito? Un personaxe que prometía tanto ao principio da novela, que pasa finalmente con el?
Entre as dúbidas sobre a trama, pensamos se realmente se xustifica a complicación da busca e do misterio, cando o diñeiro podía ser dado en herdanza sen maior problema. Pero, claro!, entón non habería novela...
El olvido que seremos
Héctor Abad Gómez dedicou los derradeiros anos da súa vida, ata a mesma noite en que caeu asasinado en pleno centro de Medellín, á defensa dos dereitos humanos. El olvido que seremos é a reconstrucción amorosa, paciente e detallada dun personaxe. Pero é tamén o recordo dunha ciudade, dunha familia e unha evocación melancólica da nenez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario