lunes, 2 de julio de 2012

A CAIXA DE FUSE

Esta caixa debe o seu nome ao deseñador xaponés Tomoko Fuse. Esta caixa é sinxela de facer e é un clásico do origami tanto pola súa economía como pola súa eficacia. Fan falla catro cadrados, un par de cada cor (ou catro de distintas modalidades).
 
PRECISAREMOS:   
8 cadrados de papel, neste caso utilizamos papel de agasallo de diferentes cores para que a tapa e a caixa queden máis estéticas. No seguinte enlace podedes ver os pasos: 

INSTRUCIÓNS:
1º Collemos o primeiro cadrado e dobrámolo pola metade.
2º Volvémolo a abrir.
3º Unha das metades volvémola a dobrar pola metade.
4º Dobramos ao revés contrario pola metade.
5º Volvémola a abrir.
6º Levamos unha esquina da parte de abaixo ao centro.
7º No outro cadrado que nos queda sen dobrar, dobrámolo en diagonal.
8º Quedando a dobrez debaixo da base como indica a foto.
10º Marcamos as pregas.
11º Facemos tres pezas máis coma esta.
12º Ensamblamos a que na foto se ve á dereita se mete dentro da esquerda.
13º Do mesmo xeito ensamblamos as outras dúas pezas, antes de ensamblalas é mellor meter unhas solapas dentro das outras pero non del todo, e logo pouco a pouco imos presionando e empuxando con coidado.
14º Empezamos coa tapa, dobrando pola mitade voltando a abrir e levando unha esquina ao centro.
15º Coa esquina no centro dobramos en diagonal.
16º Da parte que ten dúas esquinas dobramos unha hacia arriba.
17º Volvemos a despregar.

18º Levamos ata a liña que temos marcado coa dobrez da anterior esquina a parte de arriba.
19º Voltamos a despregar.
20º Agora a parte máis puntiaguda que nos queda á dereita a dobramos hacia a esquerda, en vertical.
21º Desdobramos.
22º Na parte esquerda superior hai unha dobrez diagonal marcada, bueno pois debemos dobrar ata alí en diagonal.
23º Marcamos ben a prega.
24º e 25º Levantamos as paredes da caixa hacia arriba.
26º Repetimos esta operación tres veces máis, utilizando dúas cores diferentes.
27º A tapa custa moito de ensamblar, primeiro dúas partes e sen ensamblar del todo. Cada módulo da tapa leva unha parte con punta e a outra recta, pois a parte recta vai dentro da punta.
28º Aquí temos as dúas metades ensambladas.
29º Mirade a base interior que ten catro cadrados, un sobre o outro, é importante que cando ensamblemos busquemos esa posición.
31º Xiramos e queda así.
32º Totalmente ensamblada.
O resultado foi sorprendente aínda que para algúns de nós  non foi doado realizar o proceso con toda a precisión necesaria.
VOLTAR 

8ª SESIÓN DO CLUB DE LECTURA CON NAIS

TALLER DE PAPIROFLEXIA CO PROFESOR MIGUEL ÁNGEL VIDAL AUTOR DO LIBRO DOBLANDO LAS MATES, de AUGA EDITORA.
 
Miguel Ángel Vidal é profesor de matemáticas do noso centro e leva unha chea de anos especializado na educación de nen@s de diversificación curricular. Son rapaces e rapazas que por diversos motivos teñen serias dificultades na aprendizaxe.
Miguel Ángel mostra como a papiroflexia pode ser unha ferramenta útil para ensinar conceptos matemáticos dun xeito lúdico e utilizando a destreza manual. Na sesión, ademais de o autor do libro, acompañounos o ilustrador Luis Alonso Villar.
Unha das nais, Flora, preguntou a Miguel Ángel sobre a mención no libro de oito tipos de intelixencias: emocional, lingüística, matemática, espacial, corporal, naturalista, musical e interpersonal. O que nos fixo reflexionar sobre os diferentes xeitos que poden ter @s nos@s alumn@s á hora de aprender. Coa papiroflexia pódense traballar todas as inteligencias.

Para poñer sobre a práctica estas premisas, Miguel Ángel propúxonos unha tarefa sinxela de origami: a caixa de Fuse.